O Froiz, sen rival contra o crono nos Nacionais: vitorias de ÿscar González e José Antonio De Segovia
Por Redacción
Dobre triunfo de corredores do Super Froiz na primeira xornada do Campionato de España de ciclismo que se está a disputar dende este venres na localidade leonesa de Ponferrada. ÿscar González e José Antonio de Segovia proclamáronse campións de España nas probas de contra o reloxo sub-23 e elite, respectivamente. Os triunfos de ambos os dous foron bastante claros, especialmente no caso do segundo.
Ninguén esperaba a vitoria de ÿscar González, natural da Estrada. Non estaba entre os favoritos, pero completou unha carreira impecable e demostrou ser unha das grandes do ciclismo galego. Enfundouse o maillot de campión de España tras percorrer os 29 quilómetros contra o crono en 37:40, seis segundos máis rápido que o manchego Juan Camacho. O terceiro caixón do podio ocupouno o catalán Marc Soler, a doce segundos.
"Con 60 kilos y en un recorrido tan llano, no me veía. Pero he cogido pulsaciones y he ido muy bien hasta el final", recoñecía o corredor do Super Froiz. Non obstante, o feito de que o vento apenas soprase puido xogar ao seu favor fronte a corredores máis potentes como o propio Camacho, que no segundo paso intermedio ía primeiro con once segundos de vantaxe sobre el. Foi a parte final, a menos chaira do circuíto, a que beneficiou as aspiracións do galego.
Pola súa banda, o abulense José Antonio de Segovia logrou o seu segundo título consecutivo de campión de España elite na proba contra o reloxo. O ciclista do Super Froiz logrou a vitoria na súa categoría tras percorrer os 47,1 quilómetros da proba nun tempo de 1:00:18. Conseguía ademais un segundo obxectivo, rematar no 'top ten' absoluto. Foi oitavo na clasificación xeral a 2:18 de Alejandro Valverde (Movistar).
En canto aos seus rivais directos, De Segovia estivo acompañado no podio polo castelán-manchego Marcos Jurado (Seguros Bilbao), que se viu afectado por unha picada e rematou a 1:50 do abulense, e polo andaluz Javier Cantero, que finalizou a 2:10.
"Sobre el papel era más fácil, porque rivales que tenía otros años estaban ya en categoría profesional, pero fácil al final no es nada", sinalaba o ciclista do Super Froiz ao remate da proba. "Estoy muy contento con la victoria y con haberme metido entre los diez primeros de la clasificación profesional", dixo a preguntas do responsable de prensa da Federación Española de Ciclismo, Luis M. Román Mendoza.
Ambos os dous volverán competir en Ponferrada. ÿscar González, este mesmo sábado na proba en liña sub-23. Xunto a el estarán outros corredores do Super Froiz como Antonio Portela, Roberto Mediero e Samuel Blanco. Pola súa banda, José Antonio de Segovia descansará ata o domingo, día na que probará sorte na proba en liña da súa categoría. Con el, sairán tamén Aser Estévez, David Francisco, Miguel Gómez, Pedro Merino, José Luis Marino e Cristóbal Sánchez.
Relacionadas:
-
Malestar no Super Froiz pola exclusión de ÿscar González Brea da lista para o Mundial sub-23
Por Alejandro Espiño |
-
José Antonio de Segovia referenda coa súa vitoria a gran actuación do Super Froiz na Volta a Zamora
Por Redacción |
-
Aser Estévez, ÿscar González e Irene Trabazo, campións galegos de contrarreloxo no Rosal
Por Redacción |
-
Pedro Merino, cun bronce, dálle ao Froiz a súa terceira medalla no Campionato de España
Por Redacción |
-
De Segovia aguanta a presión e adxudícase a Volta a Coruña
Por Redacción |
-
Vitoria de Pedro Merino nunha Volta ás Comarcas de Lugo onde se exhibiu o Super Froiz
Por Redacción |