Malestar no Super Froiz pola exclusión de ÿscar González Brea da lista para o Mundial sub-23
Por Alejandro Espiño
Primeiro foi Carmen Gómez Cortés, excluída do Mundial júnior de triatlón a pesar de lograr praza para participar. Agora, algo similar lle pasou a ÿscar González, corredor do Super Froiz. O ciclista da Estrada, campión de España sub-23 na modalidade contra o reloxo, non estará no Mundial da categoría. Non foi incluído na lista definitiva que fixo pública os seleccionadores españois para a cita de Ponferrada (León).
A ÿscar González considerábaselle como un dos fixos para a selección española sub-23, especialmente tras proclamarse campión de España, curiosamente na mesma cidade onde se correrá agora o Mundial. Pero Pascual Momparler e Ramón González Arrieta optaron por levar a outros corredores, un deles o subcampión nacional, Juan Camacho (Specialized-Contador), ao que o estradense derrotou o pasado mes de xuño.
O Super Froiz confirmou a PontevedraViva a "sorpresa" que causou a exclusión do seu corredor, do que recordan ademais que participou recentemente nunha concentración en altura en Serra Nevada (Granada) para preparar o Mundial e que participou con toda a selección en varias probas celebradas este verán, entre elas, o Tour do Porvir, no que foi un dos corredores españois máis destacados.
O equipo pontevedrés pedirá explicacións nos próximos días á Federación Española de Ciclismo, aínda que non albergan moitas esperanzas de que o seleccionador cambie de opinión e ÿscar González poida estar na localidade leonesa do 22 ao 28 de setembro.
ÿscar González Brea é primo de Ezequiel Mosquera e amigo do tamén ciclista Álex Marque, natural da Estrada como o corredor do Super Froiz. Este último extremo fai sospeitar ao ámbito máis próximo ao ciclista estradense sobre os motivos da súa exclusión, tendo en conta o proceso no que se viu inmerso Marque, acusado de dopaxe e que ao final logrou demostrar a súa inocencia, ratificada recentemente pola propia Unión Ciclista Internacional (UCI).
Relacionadas:
-
La Vuelta servirá de homenaxe para catro ciclistas da provincia
Por Diego Espiño |
-
Indignación na Federación Galega pola exclusión de Carmen Gómez da lista para o Mundial Júnior
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
O Froiz, sen rival contra o crono nos Nacionais: vitorias de ÿscar González e José Antonio De Segovia
Por Redacción |