Seguen os movementos no Arosa: chega Yago Pérez e marchan Álex Vila e Ramón
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O traballo no Arosa está a ser frenético nos últimos días de cara a pechar canto antes a composición de equipo de cara á próxima tempada.
Tras anunciar a incorporación de Capelo, agora o club arlequinado confirmou á súa segunda fichaxe, o centrocampista Yago Pérez.
Yago chega á Lomba para poñerse a disposición de Piscis despois de disputar a pasada tempada nas filas do Alondras, tras pasar tamén por Coruxo e Pontellas.
Paralelamente a xunta directiva e o corpo técnico acordaron prescindir dos servizos de Ramón Eiras e Álex Vila, aos que non se renovou o contrato.