O Arosa pecha a fichaxe do futbolista do Bertamiráns Pablo Vázquez
Por Redacción
O Arosa segue dando pasos na configuración do plantel que a próxima tempada volverá competir na Terceira División.
O club arlequinado pechou a súa terceira fichaxe, o centrocampista Pablo Vázquez "Pablito", procedente do Bertamiráns.
Pablito, de 26 anos, tamén militou nas filas do Estradense hai dous tempada en Terceira, onde chegou procedente do Boiro.
Esta fichaxe únese ás incorporacións xa confirmadas de Iago Pérez e Capelo e ás renovacións, que fan que o bloque que dirixirá Piscis empece a estar bastante definido.
Entre os futbolistas que continuarán no equipo arosista encóntranse Martín, Juanjo, Nando, Alfonso, Álex Freire, Adrián Camiño, José Ángel e Rivas.