Piscis renova o seu contrato co Arosa
Por Redacción
Un día despois de rematar a liga en Terceira División o Arosa púxose a traballar na planificación da próxima tempada.
O primeiro foi pechar a renovación de José Luis Uhía 'Piscis' como adestrador do primeiro equipo, unha continuidade que se anunciou oficialmente este luns xunto á do preparador físico Ezequiel Rey.
Ademais o presidente, Manuel Abalo, reuniuse tamén co central Miguel Barreiro, primeiro futbolista que confirmou a súa permanencia un ano máis no club arlequinado tras informar Piscis a directiva da súa intención de seguir contando con el.
Por último o Arosa pechou tamén o acordo para que a firma Impex Europa siga sendo a patrocinadora principal do equipo de Terceira División.