César Rodríguez e Santiago Abad impóñense nunha accidentada Subida Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O alto número de abandonos e contratempos caracterizou a XVII Subida Cidade de Pontevedra, que finalizou este domingo tras dous días de competición.
Marcón recibiu un gran número de afeccionados ao motor durante os adestramentos e as catro mangas oficiais, nas que se rexistraron varios accidentes de consideración, o máis grave o atropelo dun comisario de seguridade.
Nos estritamente deportivo Santiago Abad (Congostra Team Sanxenxo) adxudicouse a clasificación final de carrozados, ao volante do seu Audi A4 STW, con case sete segundos de vantaxe sobre José Iglesias, mentres Víctor Magariños completou o podio no terceiro lugar a 12,4 segundos.
Abad puido manter a vantaxe sobre os seus rivais a pesar de ter que abandonar a última manga.
Pola súa banda César Rodríguez (Celanova Motor) foi o vencedor na categoría de non carrozados, depués de protagonizar un apertado final para remontar dende a terceira posición na que finalizou a xornada do sábado.
Rodríguez impúxose por diante de Jacobo Sobral, segundo, e Toño Varela, terceiro.
Os vencedores da Subida Cidade de Pontevedra son ademais os primeiros líderes do Campionato Galego de Montaña, que este ano arrancou coa cita lerezana.
Relacionadas:
-
A Subida Cidade de Pontevedra afronta a súa maioría de idade con lixeiros cambios no percorrido
Por Diego Espiño |
-
O comisario de seguridade atropelado na Subida Cidade de Pontevedra segue na UCI tres días despois
Por Redacción |
-
Ferido un comisario de seguridade ao ser atropelado na Subida Cidade de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Subida Cidade de Pontevedra chega á súa décimo sétima edición con cambio de data
Por Redacción |