Ferido un comisario de seguridade ao ser atropelado na Subida Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un comisario de seguridade resultou ferido este domingo ao ser atropelado na Subida Cidade de Pontevedra, segundo informaron fontes de Emerxencias 112 e de Protección Civil.
A alerta do 112 sitúa o accidente ás 11.30 horas na rotonda de accceso ao polígono industrial do Campiño.
Segundo informan testemuñas presenciais produciuse un pequeno accidente que deixou bloqueando o tramo a un dos vehículos que participaban na competición e o ferido, xunto a outras persoas, estaba a axudar a retirar o coche para deixar libre a calzada cando foi arremetido por outro dos participantes na proba automobilística, o piloto Manuel Senra.
Estas mesmas fontes sinalan o tramo non fora cortado polo que non se puido advertir ao resto de participantes da existencia de persoas na estrada.
Segundo confirmaron dende a Escudería Cidade de Pontevedra o ferido é Manolo Vazquez, e atópase ingresado nun centro hospitalario en observación e consciente. Manuel Vázquez contaba con licenza F.G.A. tipo OA.
Emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policía Nacional e Protección Civil de Pontevedra.