Raúl López asina a súa adhesión ao convenio do Pontevedra e anuncia o mesmo trato para o Teucro
Por Ramiro Espiño
"Alcalde, Presidente, vos queredes que o Teucro siga adiante, pois o Teucro sigue adiante, por Monbus non vai ser". Esta frase pronunciada por Raúl López e dirixida a Miguel Anxo Fernández Lórez e Rafael Louzán ao termo do acto no que se escenificou a adhesión do empresario lucense, propietario de Monbus, ao convenio de acredores do Pontevedra C.F., foi todo un sopro de aire fresco que vén achegar unha boa dose de tranquilidade aos afeccionados, ao garantir que os dous clubes con maior respaldo social da cidade teñen luz verde para pór en práctica os seus respectivos plans de viabilidade.
Como anticipara PontevedraViva, o estadio de Pasarón foi o escenario elixido para unha rolda de prensa na que Raúl López anunciou a firma do seu compromiso co Pontevedra, mediante o cal a débeda que o clube granate mantiña coa súa empresa, Monbus, e que superaba os 200.000 euros, pasaba a converterse en accións do clube; un acordo laborioso, logrado coa transcendental mediación de Lupe Murillo, tamén presente no acto, como o estaban igualmente o concelleiro de deportes de Pontevedra, Tino Fernández, así como o vicepresidente granate, José Manuel Fernández.
Logo da correspondente firma do acta notarial que validaba o acordo, chegou a quenda para as intervencións dos asistentes. José Manuel Fernández agradeceu en nome do Pontevedra aos presentes a súa intervención e as súas xestións. Lupe Murillo agradeceu a colaboración das autoridades, anticipando que "se está negociando también un acuerdo similar con el Teucro, pero hoy no toca hablar de eso" (aínda que logo "tocou" e de forma positiva). Louzán resaltou: "que hay que agradecer este gesto tan noble a uno de los empresarios más importantes de Galicia, por involucrarse de esta forma con causas importantísimas para todos". Lores quixo ter tamén un recordo para "todas as empresas e persoas que fixeron o mesmo mollándose para darlle viabilidade ao clube", para dar logo paso ao empresario, que pechou a quenda de palabra.
"No puedo permitir que nadie diga que el Pontevedra desaparece por culpa de Monbus"
Raúl López comezou recordando a Nino Mirón, ao que coñeceu en 2008 e do que dixo: "gastó mucho dinero y no sé por qué no se le ha reconocido lo suficiente su labor. Yo vine ayudando, trabajando sin cobrar durante mucho tiempo. Luego vino otra gente y no se nos paga, pero se nos aparta. Estaba quemado por eso, pero cuando viene Lupe y me dice que si no apoyo el Pontevedra desaparece, sale a flote la sensibilidad y me digo que no puedo permitir que nadie diga que desaparece por culpa de Monbus".
O empresario lucense continuou: "Este estadio no se puede cerrar y si las instituciones echan una mano Monbus también lo va a hacer. Eso sí, espero que a partir de ahora se hagan las cosas bien y se gestione adecuadamente, para que muy pronto podamos volver a decir "hai que roelo"".
Chegado a quenda de preguntas veu a segunda boa noticia do día. Aínda que nun principio o preguntárselle pola súa postura con respecto ao Teucro dixo: "Hoy la estrella es el Pontevedra, pero si hoy toca ésto, con el Teucro será explicar casi lo mismo y tendremos la misma sensibilidad".
Ante a insistencia dos xornalistas presentes e do propio alcalde, Raúl López vírase cara a Lores e posteriormente a Louzán e lánzalles a pregunta: "Si todos estamos de acordo, Alcalde, Presidente, ¿vos queredes que o Teucro siga adiante?, pois o Teucro sigue adiante, por Monbus non vai ser", para terminar invitando a Louzán y Lores a presenciar en Santiago un partido de baloncesto del Obradoiro, club que preside.