Pistoletazo de saída á nova ampliación de capital cun chamamento a socios e afeccionados
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Despois de meses de incerteza tras o proceso falido do pasado verán, que apenas chegou ao 6,25% de accións vendidas, o Pontevedra Club de Fútbol presentou a campaña dunha nova ampliación de capital co obxectivo de sacar o club da causa de disolución na que se encontra.
Nunha rolda de prensa na que compareceu acompañado doutros conselleiros como Ricardo Tilve, Luis Durán e Alberto Argibay, o presidente do club, José Manuel Fernández fixo un novo chamamento a afeccionados, accionistas e aos "1.800 socios" para que "sean conscientes de la importancia de que esta ampliación sea un éxito".
Este novo proceso intentará cubrir un total de 199.500 euros de capital social poñendo á venda 285.000 accións a un prezo de 0,70 euros, cunha prima de emisión por título equivalente (0,70 euros).
A partir da publicación do anuncio pertinente no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME), os actuais accionistas da entidade terán un mes de prazo para exercer o seu dereito preferente para a adquisición de novos títulos.
Tras ese mes o proceso abrirase a persoas externas á entidade que queiran participar na ampliación de capital.
O chamamento do Pontevedra, segundo José Manuel Fernández, é "unánime por parte de todos los miembros del Consejo de Administración" e se estende a toda a cidade porque "este club es de todos", defendeu o dirixente.
Pola súa banda o conselleiro Ricardo Tilve quixo pedir os pontevedreses "un último esfuerzo" coa ampliación de capital e tamén para que os seguidores "acompañen al equipo en los próximos partidos y desplazamientos", nos que o conxunto lerezano se xogará as súas opcións de pelexar polo ascenso á Segunda División B.
Antes de iniciar oficialmente a ampliación, os dirixentes aprobaron a redución do capital social da entidade, que pasa a ser a agora de 547.698,90 euros.
Ademais, o presidente granate deixou entrever que a débeda do club se verá reducida no presente exercicio, situándose por debaixo do millón de euros.
PROMOCIÿN NO CENTRO DA CIDADE
Camiseta en peito e cartel en man o Consello de Administración do Pontevera Club de Fútbol ao completo comezou xa pola tarde a campaña de promoción da ampliación de capital.
Os representantes granates percorreron varias rúas do centro da cidade informando os viandantes e entrando tamén nos comercios da zona en busca de apoios ao proceso.