Agónico triunfo do Arxil en Valladolid (56-57)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil cumpriu a súa parte. Había que vencer en Valladolid e as verdes fixérono, con máis apuros dos esperado, pero a segunda parte que consistía nos tropezos de Celta e Avilés para seguir aspirando á cuarta praza, non se cumpriu.
Si caeu o Celta, pero a vitoria do Adba Avilés deixa as pontevedresas sen opcións a falta dun partido polo mellor 'basketaverage' das asturianas.
Con todo o conxunto arxilista pode aínda ascender á quinta praza na última xornada tras gañar na cancha do Universidad de Valladolid de xeito agónico (56-57).
As de Mayte Méndez non se encontraron cómodas ante un último clasificado que consciente do que se xogaba levou o partido ao seu terreo.
Tras un primeiro cuarto de igualdade as locais puxéronse en vantaxe antes do descanso (32-25), unha renda que se mantivo ata o inicio do último período, momento no que as verdes iniciaron unha remontada que se prolongou ata os últimos segundos do encontro.
UNIVERSIDAD DE VALLADOLID (56): Cristina Salinas (13), Pilar Río (6), Laura Correa, Clara Rodríguez (14), Paula Vicente (10) -cinco inicial- Laura Izquierdo (2), Lucía Rubinos (3), María González, Miriam Rodríguez (8).
CB ARXIL (57): María Centeno (7), Ana Martín (10), Carla Fernández (4), María Lago (19), Minata Keita (8) -cinco inicial- Andrea Carrera (2), Fany López, Cristina Díaz-Pache (2), Sara Lago (5), Pili Martínez.
Árbitros: Villanueva Tena e Aguado Muñiz. Descalificaron por faltas á local Crsitina Salinas e á visitante Carla Fernández.
Parciais: 16-18, 16-7, 15-14, 9-18.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Fuente de la Mora de Valladolid.