O Arxil, a apurar as súas opcións en Valladolid
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/534b29a876fca-arxil-aireuropa-2.jpg)
© Diego Torrado
Prohibido fallar para o Club Baloncesto Arxil se quere chegar á última xornada con opcións de clasificarse para o play-off de ascenso.
As verdes visitan a cancha do último da tabla, Universidad de León (sábado 19:00 horas), en busca dun triunfo que manteña vivo o soño de estar presente na fase final de Logroño.
O conxunto arxilista necesita os tropezos de Celta e Avilés, que se enfrontan a Universitario Ferrol e Café Barco respectivamente, para chegar á última xornada empatados na casificación.
Para a cita de León, Mayte Méndez non poderá contar con María Quiroga e Jara Tuda nun partido que dende o club cualifican de perigoso, pois as locais se encontran pelexando por evitar o descenso de categoría.