A Escola Xadrez conclúe a súa participación na Liga Galega por equipos
Por Redacción
Na súa primeira participación na máxima categoría autonómica, a División de Honra, o equipo Ramón Escudeiro de la Escola Xadrez Pontevedra non logrou manter a categoría tras ceder no seu último encontro de liga.
Foi a noticia negativa da última xornada das ligas galegas, nas que ao longo de tres meses participaron máis de 80 xogadores do club lerezano nas diferentes categorías.
O EXP Ramón Escudeiro non puido impoñerse ao primeiro clasificado, o CXF Interrías de Vilagarcía, cedendo por un claro 5-1 e pechando así a súa primeira tempada na División de Honra.
Durante a súa estrea na máxima categoría o equipo pontevedrés logrou sumar tres triunfos e un empate, finalizando na décima praza entre os 12 clubs que compoñían a liga.
A próxima competición que lle espera á Escola Xadrez son os campionatos galegos por idades, en Padrón, entre os días 12 e 15 de abril.