Mala xornada para os equipos da Escola Xadrez Pontevedra
Por Redacción
Xornada negra para os equipos da Escola Xadrez Pontevedra, que perderon os cinco enfrontamentos disputados nas diferentes categorías.
Preocupante é a situación do bloque que milita na División de Honra, o EXP Ramón Escudeiro Tilve, e é que tras perder ante o Universidade de Vigo quedan a tres puntos da salvación a só tres xornadas do final da competición.
Os lerezanos víronse superados claramente (4,5 a 1,5) por un conxunto vigués que é o actual campión e que conta nas súas filas con varios Mestres Internacionais.
Pola súa banda os equipos EXP Ernesto Filgueira e EXP Alexei Shirov de la Segunda División perderon ante Sanxenxo B e Jorge Cuña respectivamente, o EXP Zona Informática de Terceira caeu ante o Padrón C e o EXP Cidade de Pontevedra, tamén da Terceira División, cedeu ante o CXF A Goleta.