Á final! O CW Galaico pelexará polo título de Primeira División tras derrotar (18-7) o Marina Ferrol
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53460b946027e-waterpolo.jpg)
© Club Waterpolo Galaico Pontevedra
Por terceiro ano consecutivo, o Club Waterpolo Galaico Pontevedra volverá xogar a final do play-off polo título de Liga Galega Absoluta de Primeira División. Farao tras derrotar ao Mariña Ferrol por 18-7 na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Os pontevedreses gañaran tamén na ida, a semana anterior en Ferrol, pasando así a eliminatoria ao mellor de tres partidos.
Volveu ser un partido frouxo do CW Galaico Pontevedra, con relaxación en facetas defensivas, pero mellorando nas xogadas de superioridade, onde os locais tiveron un 100% de efectividade.
O peor dos pontevedreses foi o segundo período, onde non foron capaces de facer ningún gol, perdendo por un parcial de 0-1.
Agora o CW Galaico Pontevedra ten case un mes para preparar a final polo título de liga. O seu rival decidirase a próxima semana, xa que a outra eliminatoria está empatada entre CN Coruña e CW Santiago, cunha vitoria para cada un.
CW GALAICO PONTEVEDRA (18): Pablito, Rober (4), Rubén (3), Kike (1), Juanjo (1), Ángel (1), Andrés (4), Raúl (1), Aarón, Bran (1), Juan (1) e Manu (1).
MARINA FERROL (7): Orjales, Sanz (2), López, Rey, Castromil, Cao, Martín, Bonome, Montes (3), Uria (1), Bouza, Lázaro (1) e Fernández.
Parciais: 5-2, 0-1, 5-2, 8-2
Incidencias: Partido disputado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra)