O CW Galaico, a un paso da final tras impoñerse a domicilio ao Marina Ferrol (6-13)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Claro triunfo do Club Waterpolo Galaico Pontevedra (6-13) ante o Mariña Ferrol no primeiro partido da semifinal polo título da Liga Galega de 1ª División.
O conxunto lerezano queda así a un partido de clasificarse de novo para a final, onde defende o campionato logrado hai un ano.
En Ferrol os de Javi de Sáa atopáronse cun equipo que lles plantou cara durante os dous primeiros cuartos (5-6) pero que sucumbiu ante o pulo lerezano na segunda metade, na que os locais só lograron anotar nunha ocasión, encaixando ademais un parcial de 0-5 que rematou por decidir o choque.
Na outra semifinal o CN Coruña gañou a domicilio ao CW Santiado por 9-12.
MARINA FERROL (6): Orjales, Sanz, Tellado, Espiñeira, Ponte, Rey, Uria, Lázaro (3), Picallo (3), Fernández.
CW GALAICO (13): Pablito, Rober (4), Pablo, Rubén (1), Claudio, Ángel (1), Andrés (3), Raúl, Guille (1), Bran (2), Juan (1).
Parciais: 3-4, 2-2, 1-5, 0-2.