Vitoria do Pontevedra RC no derbi pontevedrés ante o Mareantes (29-34)
Por Redacción
O segundo derbi pontevedrés na Primeira Territorial do rugby galego caeu de lado do Pontevedra Rugby Club por un apertado 29-34.
O PRC, que quedou preto na primeira volta de gañar por primeira vez na categoría ao seu veciño, impúxose ao Mareantes nun duelo intenso no campo de Monte Porreiro.
O resultado certifica ademais a presenza de ambos os dous equipos no play-off polo título, unha fase final na que o Mareantes defende o campionato logrado hai un ano.
As semifinais da liga xogarase xa este próximo fin de semana, co Mareantes enfrontándose a domicilio ao Vigo Rugby B e o PRC tendo que visitar o líder intratable da fase regular, Os Ingleses de Vilagarcía.
Os gañadores da primeira eliminatoria, que se xoga a partido único, disputarán a final da competición o último fin de semana do mes de marzo.