Emoción ata o final nun intenso derbi entre Pontevedra RC e Mareantes (20-24)
Por Redacción
Como bo derbi que se preste, Pontevedra Rugby Club e Mareantes RCP protagonizaron un duelo intenso e disputado no campo de Monte Porreiro.
Os equipos lerezanos enfrontáronse este domingo dúas tempadas despois en partido da Primeira División Galega recuperando o duelo pontevedrés deste deporte.
A igualdade foi a tónica do encontro, no que o Mareantes impuxo a súa maior experiencia para levarse o triunfo grazas a un ensaio nos últimos minutos.
Antes o Pontevedra Rugby, novato na categoría, puxera en moitos apuros o actual campión.
Con este triunfo o Mareantes, que descansa na última xornada do ano, se consolida na terceira posición con 16 puntos e abre brecha cos seus inmediatos perseguidores.
Pola súa banda o PRC queda na sexta posición, penúltimo, pero grazas ao bonus defensivo suma un punto para situarse con nove, o que supón catro de vantaxe con respecto ao Zalaeta.