O Amics Castelló asalta A Raña e vence a domicilio (82-91) ao Marín Peixe Galego
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Non visitaba A Raña un rival cómodo. O Amics Castelló, un dos conxuntos máis regulares da categoría, impediu ao Peixe Galego brindar unha nova vitoria á súa afección. O equipo castellonense, letal desde a liña de 6.75 (10 de 19), logrou manter baixo control aos locais, que loitaron ata o final para que non se lle escapase o triunfo. Ao final, non puido ser. O Marín Peixe Galego caeu por 82-91. ÿ a súa segunda derrota consecutiva.
O partido empezaba de cara para os marinenses que, cun Aramburu soberbio, puxéronse 7-3 no marcador. Foi un espexismo porque aos sete minutos o Amics Castelló xa gañaba por oito puntos, 11-19. Todo recaía en dous dos seus homes, Chema García e Ausina. Pero o Peixe Galego non se rendeu e, aos catro minutos do segundo cuarto, Aramburu colocaba o empate a 25 no marcador.
Un intenso Bandoumel mantivo dentro do partido aos galegos, que se foron ao descanso con só seis de desventaxe (35-41). Pero a efectividade nos triplos do equipo visitante permitiulles poñer terra polo medio. O Amics Castelló foise de doce puntos, 37-49, no terceiro cuarto, e a partir de aí tan só tiveron que administrar a súa vantaxe e neutralizar os intentos de remontada do Peixe Galego.
Aramburu e Gregorio Adón trataban de tirar do carro local, que chegou a colocarse a sete puntos, 72-79, a menos de catro minutos do final. Pero un triplo de Manu Rodríguez máis o saber facer de Ausina e Alvarado certificaron un triunfo visitante, que mantén a Castelló na pomada do ascenso e ao Peixe Galego, oitavo na clasificación con oito vitorias e doce derrotas.
MARÍN PEIXE GALEGO (82): Manu Ferreiro (4), Bandoumel (11), Luis González (11), Gregorio Adón (11), Aramburu (23) -cinco inicial- Darío Suárez (2), Dirugeris, Lucho Fernández (3), Blair (17).
AMICS CASTELLÿ (91): Roger Archiles (8), García Flores (14), Alberto Ausina (14), Joan Faner (8), Javier Nasarre (5) -cinco inicial- Alberto Fernández, Alvarado (6), Raúl Sales (6), Manu Rodríguez (13), Atoyebi (17).
Árbitros: Morales García-Alcaide e Mendoza Holgado. Foi eliminado Luis González polo equipo local.
Parciais: 17-21, 18-20, 24-24, 23-26.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Raña