Un primeiro cuarto desastroso condena o Peixe Galego en Azpeitia (78-63)
Por Redacción
Un parcial de saída de 22-4 do Azpeitia resultou decisivo na visita do Peixe Galego ao País Vasco (78-63).
Os de Marín pagaron cara a peaxe dun primeiro período nefasto, pois no resto do encontro non foron inferiores ao seu rival.
De feito no tramo final chegaron a achegarse no electrónico, pero os locais controlaron ben a súa vantaxe para asegurarse o triunfo.
Con este resultado o Peixe Galego queda na oitava posición da Adecco Prata cun balance de 8 partidos gañados e 11 perdidos.
AZPEITIA AZKOITIA (78): Ander Arruti (10), Ucles (17), Zubizarreta (2), Guridi (3), Okoye (8) -cinco inicial- Assalit, Ibargutxi (6), Zyle (9), Barberena (2), Lander Lasa (16), Cubela (5).
MARÍN PEIXE GALEGO (63): Manu Ferreiro (2), Lucho Fernández (6), Gregorio Adón (19), Aramburu (12), Dirugeris (5) -cinco inicial- Darío Suárez (6), Bandoumel (7), Luis González, Blair (6).
Árbitros: Caballero Madrid e Garmendia Zorita. Sen eliminados.
Parciais: 22-4, 17-21, 20-23, 19-15.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo Municipal de Azpeitia.