Un gran terceiro cuarto dá a vitoria ao Arxil (62-51) sobre Universidad de Oviedo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/920/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5358e0a775-20140308-dt-arxil4.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/66a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5358e0767a-20140308-dt-arxil6.jpg)
© Diego Torrado
Segue o Arxil nun excelente momento de xogo e resultados. Esta vez a súa vítima foi o Universidade de Oviedo, ao que se impuxo non sen dificultades (62-51), despois dunha primeira metade moi igualada, na que as asturianas mesmo conseguiron marchar con vantaxe mínima dun punto.
O xogo foi moi nivelado e con escaso acerto en ataque nos dous primeiros cuartos, nos que as defensas se impuxeron, pero ao regreso dos vestiarios as de Mayte Méndez realizaron un terceiro cuarto espectacular, no que arrastraron o seu rival, facéndoo encaixar un elocuente parcial de 24-9, que practicamente deixaba sentenciado o partido.
Boa defensa e acerto nos lanzamentos exteriores, con catro de sete triplos transformados, que resultaron claves para ese despegue e para o marcador final.
Con 14 puntos arriba, tocaba aguantar os últimos dez minutos, e fíxoo o Arxil, a pesar de perder o parcial por escasa marxe, facendo valer a renda para acariciar os postos de honra dos que só o separan dúas vitorias.
CB ARXIL (62): María González (1), Ana Martín (17), María Lago (19), Minata Keita (14), Carla Fernández -cinco inicial-, Andrea Carrera (2), Jara Tuda, Fany López (2), Cristina Díaz-Pache (2), Sandra Entenza (5) e María Rodríguez.
UNIVERSIDADE DE OVIEDO (51): Sara Fernández (6), Lara González (7), Valery (12), Urdiales (7), Malanda (5) -cinco inicial-, Labra, Hernando (8), Orsegui e Díaz (6).
Árbitros: Diego Domínguez Portas e Adrián Gallego Cid (Colexio galego).
Marcadores parciais: 11-11, 8-9 (19-20, descanso), 24-9 (43-29) e 19-22 (62-51, final).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra) Unos 100 espectadores.