Os obxectivos de Luis López-Tulla á fronte do Poio Pescamar seguen sendo claros: "Estar o máis arriba posible e xogar para gañar"
![Almu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/ea8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e90aef8d7-_noc0208.jpg)
Por Almu Dapena
O proxecto deportivo do Poio Pescamar para a tempada 2024/2025 parte de mesma idea que os anos anteriores, "estar o máis arriba posible e xogar para gañar".
Así o recoñeceu o técnico Luis López-Tulla, quen chegou fai dúas campañas para dirixir ao equipo conserveiro ata converterse nunha figura de plena confianza para a entidade.
De feito, desde a súa chegada ao pavillón da Seca, López-Tulla dirixiu 73 partidos oficiais cunha bagaxe de 46 triunfos, 13 empates e 14 derrotas. Estes números confirman o gran paso adiante que deu o conxunto vermello, cumprindo os obxectivos establecidos e selándoos como os mellores da historia do club.
Pero para o adestrador non foron fáciles estas dúas tempadas á fronte e significaron unha "aprendizaxe bastante grande. O primeiro ano tivemos certos contratempos e este último empezou sendo duro, aínda que acabou mellor que o anterior. En canto ao resultado estou moi contento pola superación demostrada polo equipo", admitiu o madrileño.
Co plantel practicamente pechado "aínda que sempre co ollo posto nalgunha posiblidad", o Poio Pescamar arrinca este luns 5 de agosto unha pretemporada na que ten previsto disputar dous amigables, un deles en Portugal, e un cuadrangular na cidade de As Burgas contra o Santa Lucía, o Melilla e o Ourense. Sofía Rozas e Estela Fernández, xogadoras da base, reforzarán ao equipo durante este mes de preparación.
Relacionadas:
-
Cinco rostros novos no inicio da pretempada do Poio Pescamar
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
5 de agosto, a data para a volta aos adestramentos do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Rocío Molina convértese na quinta fichaxe do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal xa coñecen o calendario de liga, que comezará o 7 de setembro
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar renova a súa confianza en Anna Escribano
Por Redacción |
-
A fichaxe de 'Chuli' segue a dar forma ao novo proxecto do Poio Pescamar
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar para as dúas próximas temporadas
Por Diego Espiño |