Marita Janeiro será a adestradora do Arxil para a súa tempada de estrea en LF Challenge
Por Diego Espiño
O Club Baloncesto Arxil confirmou ao que será o seu corpo técnico a próxima tempada tras o ascenso do equipo á Liga Feminina Challenge.
Será unha aposta pola continuidade xa que será Marita Janeiro, axudante as últimas tempadas de Maite Méndez, a que asumirá o temón do banco arxilista.
Marita estará acompañada nesta aventura por Magín Méndez e Milagros Sanmartín 'San', ademais de por Ana Martin, David Rocha, José Paz e Carlos Díaz.
A continuidade da adestradora, que xa se fixo cargo do equipo verde de maneira repentina durante a fase de ascenso, era "unha prioridade para nós por todo o que supón, é unha gran persoa que nos axuda e dá solucións, nunca problemas", recoñece a presidenta do Arxil, Santo.
Tras pechar ao seu staff, agora chega o tempo de abordar a planificación do plantel para o gran reto deportivo que supoñerá saír a competir en Challenge, sobre todo porque na entidade pontevedresa avanzan que o seu orzamento será similar ao dos últimos anos na Liga Feminina 2.
Relacionadas:
-
O Arxil estreará a LF Challenge recibindo o TSN Leganés
Por Redacción |
-
Carolina Bernardeco, primeira baixa confirmada polo Arxil
Por Redacción |
-
A Federación confirma o ascenso do Arxil á Liga Feminina Challenge
Por Diego Espiño |
-
O Arxil ten "moitas posibilidades" de competir en Liga Challenge
Por Almu Dapena |
-
Primeiros pasos do Arxil 2024-2025 mirando de reollo a un posible ascenso administrativo
Por Redacción |