Iván González e Clara Maquieira danlle ao Galaico Sincro un bronce nacional en categoría infantil
Por Redacción
O Club Galaico Sincro celebra os resultados conseguidos polos seus deportistas no Campionato de España Alevín e Infantil de Natación Artística de 1ª División celebrado na localidade catalá de Sabadell.
En especial polo rendemento do dúo mixto infantil composto por Iván González e Clara Maquiera, que conseguiu a medalla de bronce.
Cunha puntuación de 54.1917, foron os que conseguiron a terceira mellor nota entre os oito equipos participantes, tras os dúos presentados polo CN Sabadell e o AD Sincro Retiro.
Ademais como equipo o Galaico Sincro ocupou o undécimo posto entre os 20 mellores equipos de España de categoría infantil.
Tamén competiron en Sabadell polo conxunto pontevedrés Deva Alonso, Lucía Arosa, Claudia Fernández, María Ferreiro, Luana Pariente, Lucía Riveiro, Sofía Abal e Iria Riveiro, acompañadas das súas adestradoras Chus Refojo e Laura Arias.
Relacionadas:
-
Daniela Suárez, dobre bronce no campionato de España de natación artística
Por Redacción |
-
Dous ouros e un bronce, o extraordinario balance de Daniela Suárez no Europeo júnior de natación artística
Por Redacción |
-
Daniela Suárez, primeira galega convocada polo equipo nacional absoluto de natación artística
Por Diego Espiño |
-
O Galaico Sincro celebra a medalla de bronce de Iván González no Nacional Infantil
Por Redacción |