O Leyma Coruña, primeiro equipo de ACB confirmado para o EncestaRías
Por Redacción
A novena edición do Torneo EncestaRías, que se disputará en Pontevedra os días 13 e 14 de setembro, xa ten ao primeiro equipo confirmado.
Trátase do Leyma Coruña, club que regresou este ano de novo a ACB tras unha brillante campaña en LEB Oro, na que quedou campión.
O conxunto dirixido por Diego Epifanio está en pleno proceso de reconstrución para formar un plantel de garantías no seu obxectivo de consolidar o seu proxecto na mellor liga do baloncesto europeo.
Pero antes, o equipo herculino fará parada en Pontevedra para disputar no Pavillón Municipal unha nova edición dun torneo que co paso dos días irá desvelando o resto de equipos que compoñerán o cartel.
Relacionadas:
-
O Valencia Basket tamén estará no Torneo EncestaRías
Por Redacción |
-
O Río Breogán repite por segundo ano consecutivo no EncestaRías
Por Redacción |
-
O Pavillón Municipal acollerá, por segundo ano consecutivo, o Torneo EncestaRías de baloncesto
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
O Unicaja coróase vencedor do Torneo EncestaRías disputado no Municipal
Por Redacción & Cristina Saiz |