Xornada de ciclismo en Moraña coa Ruta BTT do Carneiro
Por Redacción
Decenas de afeccionados ao ciclismo déronse cita este domingo na terceira edición da Ruta BTT do Carneiro en Moraña, unha marcha cicloturista de carácter non competitivo que pode facerse en bicicleta de montaña ou en todo terreo.
Este ano os participantes saíron da carballeira de Santa Lucía de forma neutralizada, pasando polo casco urbano para dirixirse á explanada do multiusos, onde comezou a proba.
A carreira arrincou ás 9:00 horas cara os montes do Covelo, onde unha zona con certa dificultade técnica esperaba os participantes, que cruzaron a estrada de Caldas por a Chabola para despois dirixirse a Sabadín, á zona do Campo de Lebón e ao Monte de Corrigatos. A proba continuou polos montes de Alberguería, Barosela e seguidamente pola zona dos Muíños das Laxes.
Unha vez superada a trialera das Laxes, os participantes seguiron a ruta cara a Bouza (Rebón) para iniciar unha das subidas máis exixentes que os levou ao avituallamento situado no Calvo (Rebón).
Os deportistas encararon despois as primeiras rampas duras cara Rebón de Arriba para seguir subindo. Os da ruta longa continuaron cara a Serra e O Pastizal (Amil) e os da ruta curta enfilaron cara a zona da Cabeza de San Pedro.
Logo comezou o descenso cara a zona de Cosoirado, a zona dos Cinco Camiños e o bordeo ao Monte do Castro. Cruzaron a estrada de Campo Lameiro e comezaron a subida cara o Monte Ardegan (Soar, Santa Xusta) para facer unha serie de trialeras enlazadas que os levaron cara a zona de Rial. Cruzaron a estrada de Couso, seguiron hacia Conles e depois ao Casal, onde se enfrontaron novamente a unha serie de trialeras e saltos preparados para o disfrute dos participantes, que unha vez superaron a zona, dirixíronse pola zona da senda biosaudable cara Mos e á zona de meta.