Da cancha á piscina e viceversa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra e o Club Cisne Balonmano organizaron unhas xornadas de intercambio para as súas categorías inferiores. Durante a semana, as deportistas alternaron ambos os deportes, gozando de exercicios técnicos e partidos amigables nun ambiente cheo de diversión e compañeirismo.
O pasado luns 10 de xuño foi a quenda de practicar balonmán nas instalacións do Príncipe Felipe, onde as xogadoras realizaron unha serie de exercicios técnicos e xogos variados para finalizar cun partido.
O mércores 13 chegou o momento de saltar á auga na piscina de Rías do Sur. Alí, as deportistas fixeron unha sesión técnica de waterpolo e terminaron cun bonito partido.
Esta gratificante experiencia permitiu ás nenas coñecer un deporte moi similar ao que practican no seu día a día e gozar de dúas xornadas nas que primou a diversión e o bo ambiente.