Marín, epicentro da primeira marcha cicloturista 'Os Tres Picos'
Por Redacción
O próximo sábado 17 de maio nacerá unha nova proba para ciclistas afeccionados na provincia de Pontevedra, a primeira marcha cicloturista 'Os Tres Picos', que terá como epicentro a localidade de Marín.
Alí estará a saída e a chegada para uns participantes que afrontarán unha ruta de 129 quilómetros por estradas de Pontevedra, Poio, Vilaboa e Moaña.
O punto forte da marcha cicloturista serán as tres ascensións que dan nome ao evento, os altos da Escusa, A Fracha e o Lago de Castiñeiras.
'Os Tres Picos' servirá na súa primeira edición de homenaxe a Juan Carlos Ruibal, presidente do Club Cilista Marín.
Os detalles da inscrición e o seu custo desvelaranse, segundo explicou a organización, en próximas datas a través da páxina de Facebook 'Os Tres Picos'.