![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/832/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6658921719-go09umawmaaqemw.jpeg)
© Club Waterpolo Pontevedra
Un mes de xuño co waterpolo como protagonista en Rías do Sur
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O waterpolo será protagonista durante o mes de xuño no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.
O Club Waterpolo Pontevedra, en colaboración da Federación Galega de Natación, organizará durante o próximo mes ata tres campionatos autonómicos na piscina olímpica pontevedresa.
Estas citas de base foron presentadas oficialmente este xoves.
A primeira das competicións terá lugar este mesmo sábado 1 de xuño co Campionato Galego Alevín Mixto, no que participarán nove equipos.
Pola súa banda o sábado 15 organizarase o Campionato Galego Infantil Mixto, con oito equipos participantes, e o sábado 22 de xuño pechará a programación o Campionato Galego Cadete Mixto, con outros sete equipos rexistrados.
En total participarán nestes campionatos máis de 300 deportistas.