A 4 Picos conquista os montes de Pontevedra
A Pontevedra 4 Picos regresou este sábado á cidade coa participación de, nin máis nin menos, 1.200 corredores chegados de diferentes puntos de España e Portugal.
A maioría deles inscribíronse na modalidade longa, a dos 4 picos, con subidas ao Lago de Castiñeiras, A Fracha, Monte Castrove e Monte Acibal e un total de 130 quilómetros de roteiro.
Pola súa banda, 350 ciclistas optaron pola carreira curta de 66 quilómetros e só dúas ascensións.
A saída deuse en tres quendas (8:00, 8:45 e 9:00 horas) desde o Recinto Feiral, mentres que a entrega de medallas está prevista ao redor das 18:00 horas.
Galería de imaxes da novena edición da Pontevedra 4 Picos de ciclismo BTT
Este sábado 11 de maio regresou a Pontevedra unha das probas de bicicleta de montaña máis icónicas do calendario galego, a 4 Picos, onde máis dun milleiro de participantes escalaron os esixentes repeitos dos montes Xaxán, Fracha, Castrove e Pontillón
© Cristina Saiz