Clara derrota do Teucro ante un sólido Alcobendas (35-26)
Por Redacción
Esta vez non houbo machada e a Sociedad Deportiva Teucro vólvese de terras madrileñas tras encaixar unha clara derrota na pista do segundo clasificado, o Balonmano Alcobendas (35-26).
Os azuis, minguados polas baixas e polo problemas físicos de varios dos seus xogadores, non foron capaces de contrarrestar o potencial dun equipo local que dominou o encontro dende o inicio, con excepción do 0-1 teucrista no primeiro minuto de xogo.
Foi a única vantaxe pontevedresa porque o Alcobendas deseguida abriu brecha (8-3 no minuto 11), unha renda que se mantivo no electrónico practicamente ata o tempo de descanso, ao que se chegou con seis arriba para os madrileños (18-12).
Á volta de vestiarios os locais ampliaron rapidamente a distancia para manter en diante o Teucro a raia e selar un merecido triunfo.
BM ALCOBENDAS (35): Donderis, César Beret (1), Kramarz (3), Márquez (6), De la Rubia (3), Catalina (6), Nicolás López (5), Calle, Sergio Iglesias, Velasco, Muñoz (8), Sergio García (1), Gimeno (2), Adrián Prieto.
SD TEUCRO (25): Cadilla, Dorado (2), Carlos Pombo, García Pichel (9), Álex Pombo (2), Porto, Moreira (4), Iván Fernández (1), Armán (1), Carlos García (3), Borja Fernández (3), Sío (1), Héctor Gil.
Árbitros: Soria Fabián e Iniesta Castillo. Excluíron a Sergio Iglesias (2) e Prieto nos locales e a Dorado, Porto e Iván Fernández no Teucro.
Parciais: 3-1, 6-3, 11-5, 12-8, 15-10, 18-12, descanso, 19-13, 23-14, 28-17, 29-20, 32-23, 35-26.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Municipal de los Sueños de Alcobendas.