Máis dun cento de deportistas participarán na Copa de Kickboxing en Cerdedo
Por Redacción
O pavillón municipal de Cerdedo acollerá o vindeiro 11 de maio a Copa Deputación de Kickboxing, unha cita que congregará a máis dun centenar de deportistas de clubes da provincia.
Entre os equipos que participarán na competición están o ABP Sport, Hong Muay Thai, as escolas de kick boxing de Marín e de Ponte Caldelas, Ampa Barro, Kick Boxing Arcade, Kyap e El Barrio.
Ademais, competirán unha decena máis de clubs de toda a xeografía galega.
A proba foi presentada este venres pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, o alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, e os presidentes dos clubs ABP Sport y Hong Muay Thai, Antonio Garrido, e o delegado da Federación, José Santiago.