O Arosa perdoa e cede un empate no último minuto contra o Alondras
Por Redacción
Un desafortunado Arosa cedeu este domingo un empate ante o Alondras despois de ter no peto os tres puntos.
O conxunto arlequinado saíu disposto a ir a por a vitoria e gozou de innumerables ocasións coas que puido conseguilo, pero só Concheiro, á hora media hora de xogo, foi capaz de anotar o único gol dun Arosa que perdoou e perdoou e ao final terminouno pagando.
De feito, a segunda metade foi un monólogo dos de Luisito en área do Alondras e mesmo puideron golear, pero na última xogada nun rexeite illado, Facundo deixou ao público da Lomba completamente xeado.
E é que xusto antes do gol, o Arosa tivo un tres para un co que puido facer o 2-0, pero unha mala decisión converteuse no empate do rival.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Arosa asegura a terceira praza e o factor campo para o play-off (1-1)
Por Redacción |
-
Triunfo ante o Arteixo do Arosa, que defenderá a terceira praza na última xornada (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa asegura o play-off co seu triunfo nas Somozas (0-1)
Por Redacción |
-
Goleada da UD Ourense ao Arosa nun partido con aroma a play-off (4-1)
Por Redacción |
-
Goleada do Arosa a un tocado Pontevedra B (3-0)
Por Redacción |
-
O Arosa rasca un empate na casa do líder Bergantiños
Por Redacción |