Goleada do Arosa a un tocado Pontevedra B (3-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Arosa suma e segue e ve cada vez máis preto a clasificación por segundo ano consecutivo para os play-off de ascenso de categoría. O Pontevedra B, en cambio, ve a permamencia máis complicada.
Os de Luisito foron donos do partido de principio a fin e mesmo puideron deixar o encontro sentenciado na primeira metade, pero perdoaron unha e outra vez e tivéronse que conformar cun escaso 1-0 ao descanso. Sylla foi o autor do gol aos oito minutos de xogo.
Despois do descanso, o Arosa continuou xerando oportunidades en área rival e exhibiu a súa pegada cos goles de Brais Pedreira no 55 e de Javier Pereira no 80 que terminaban de sentenciar o duelo.
Consulta a acta nesta ligazón