Yago Iglesias: "Xeramos ocasións pero non estivemos acertados"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
A competición está a chegar ao seu fin e o Pontevedra volve ser líder en solitario do seu grupo despois de gañar por 2-1 a un Marino de Luanco que é o terceiro equipo menos goleado da categoría e demostrou o por que.
"O resultado queda curto", recoñeceu Yago Iglesias na rolda de prensa de despois do encontro. Eles "na única que tiveron marcaron gol e despois foi un monólogo do Pontevedra. En aspectos positivos o equipo manexou ben os tempos e xerou ocasións, pero é moi difícil atacar contra 11 xogadores nun espazo practicamente de bordo de área. Hai que dar por bo o resultado", asegurou.
De feito, en relación ao que se apreciou no terreo de xogo, o mellor xogador do partido foi sen dúbida o porteiro, "que xa desde a primeira parte estivo moi acertado" e converteuse no pesadelo para os granates. Iso sumado a que eles "desde o primeiro minuto expoñen un bloque moi baixo", fai moi complicado anotar, sobre todo cando "empezas por detrás no marcador e pódenche as ganas de marcar o segundo antes que o primeiro".
En todo caso, para Yago Iglesias "o equipo estivo moi ben, o final da primeira parte foi moi boa e a segunda foi un monólogo na que o equipo non só defendeuse con balón, senón que xeramos ocasiones pero non estivemos acertados".
O Pontevedra "fixo todo o que tiña que facer para marcar o terceiro e ampliar a renda", afirmou, pero o técnico granate, a pesar de sumar os tres puntos, vaise coa sensación de que "o meu equipo puido facer moito máis dano".
Relacionadas:
-
Yago Iglesias e o as baixo a manga para o final de liga: "Esperamos que a Marea Granate se mova connosco"
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa e o Pontevedra non se fían do pechacancelas Arandina: "Creo que é unha saída complicada"
Por Diego Espiño |
-
Aranda de Duero, a 'última' viaxe da tempada para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Clasificados xa matematicamente para o play-off... e para a Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Moitas ocasións e poucos goles ante o Marino dun Pontevedra que xa é líder en solitario (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |