O Atlético Novás apea o Cisne da Copa do Rei (27-22)
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán puxo fin á súa aventura na Copa do Rei 2024, tras caer este martes en partido de segunda rolda fronte ao Atlético Novás no Rosal.
O derbi provincial dos equipos pontevedreses da División de Honra Prata decantouse en favor dos locais a pesar dun inicio positivo para o Cisne, que no medio duns minutos de imprecisións e coas defensas e porterías máis entondas que os ataques golpeou primeiro cos tantos de Dani Serrano e Marko Ojeda. Os locais non anotaron ata o minuto 6, e o parcial inicial redondeouse ata o 1-4 con dous tantos máis de Mateo Arias no minuto 9 de xogo que forzaba o primeiro tempo morto.
Os de Jabato fallaban algunha acción, pero máis o facía o Novás, que se reaxustou coas indicacións de César Armán e empezou a crear máis problemas á defensa visitante. Primeiro repúxose colocando o 6-6 no marcador e no ecuador do primeiro tempo tomando por primeira vez a dianteira co 8-7 de Oriol Teixidor que provocou que Jabato parase o partido.
Non logrou o técnico parar o apagamento ofensivo do Cisne, que encaixou un parcial de 6-0 en contra agravado por unha exclusión de Iván Calvo ata o 12-7.
Tocaba xogar desde ese momento á contra, e os pontevedreses recobraron un pouco o tipo para minimizar danos ao descanso con tres goles de desvantaxe (16-13).
Á volta de vestiarios con todo o equipo da Boa Vila volveu evidenciar falta de fluidez nos seus ataques, constándolle atopar opcións claras de lanzamento. O Novás tampouco vía porta con facilidade, con Abián axudando na portería con varias intervencións, e de feito só Pablo Castro lograba anotar para os do Rosal nos primeiros minutos do segundo acto.
Ao Cisne custoulle máis de seis minutos romper a seca cun lanzamento exterior de André de Moura (17-14) pero seguía acumulando fallos e perdas, xunto a paradas de Javi Díaz, e o cronómetro ía restando minutos facendo máis difícil a remontada.
Os locais volvían abrir a brecha a cinco tantos (19-14) con só un gol cisneísta no primeiros dez minutos do segundo acto, así que Jabato xogou a súa última baza cun dobre tempo morto en busca da reacción.
Non o conseguiu, e o Atlético Novás soubo xogar coa súa vantaxe nos minutos finais para levar o partido cun 27-22 e o pase á terceiro rolda de Copa.
Consulta as estatísticas do partido entre Atlético e Cisne na páxina web da Real Federación Española de Balonmán.
Relacionadas:
-
Importante vitoria do Cisne ante o Ibiza para asaltar os postos de play-off (29-24)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Reparador triunfo do Cisne en Oviedo para reengancharse á pelexa polo play-off (30-33)
Por Diego Espiño |
-
O Villa de Aranda complica as aspiracións do Cisne (25-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Xornada vital para as aspiracións do Cisne coa visita do Villa de Aranda ao Municipal
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Indignación no Cisne coa decisión arbitral que lles deixou sen un valioso punto en Málaga
Por Diego Espiño |
-
Cruel derrota do Cisne ante o Trops Málaga (29-28)
Por Almu Dapena |
-
O lateral brasileiro Marco Antonio Rodrigues, terceiro reforzo invernal do Cisne
Por Redacción |
-
Derbi Novás-Cisne na segunda rolda da Copa do Rei
Por Redacción |
-
Triunfo copeiro do Cisne en Alcobendas (25-29)
Por Redacción |