Aberto o prazo de inscrición para o Medio Maratón de Pontevedra, que se celebrará o 20 de outubro
Por Almu Dapena
O Medio Maratón de Pontevedra, unha das citas deportivas máis esperadas para o atletismo, celebrarase o domingo 20 de outubro e o prazo de inscrición xa está aberto.
Como cada ano, a inscrición contará con tres prazos diferentes e con distintas cotas, que van desde un euro ata os 30.
Neste sentido, entre o 15 de marzo e o 31 de abril, o prezo do medio maratón será de 15 euros. No caso do medio maratón, será de 8 euros entre o 15 de marzo e o 30 de setembro. A partir do 1 de xuño e ata o 30 de setembro a inscrición ascenderá ata os 20 euros a do medio maratón, mentres que a proba curta, entre o 1 e o 13 de outubro ascenderá aos 15 euros. Finalmente, o terceiro prazo de inscrición da proba longa será entre o 1 e o 13 de outubro e subirá aos 30 euros.
No caso dos menores, o prezo é único e manterase desde o 1 de marzo ata o 12 de outubro. Terá un valor simbólico de 1 euro e as prazas son limitadas a 300 corredores.
Todas as inscricións deben tramitarse a través da páxina web oficial do Medio Maratón de Pontevedra, aínda que desde a organización indican que outra opción de anotarse é a través da compra na tenda Miler Vintage Running Club por un valor mínimo de 125 euros e antes do 30 de setembro.
A quedada para recoñecer o terreo será o venres 18 de outubro na porta principal do CGTD, e o propio evento celebrarase o 20 de outubro a partir das 10:15 horas coa proba de menores; ás 10:30 horas comezará a dos dez quilómetros: ás 10:30, a Mini GF; e ás 11:00 horas o medio maratón.
Consulta o regulamento da carreira a través desta ligazón