O TM Monte Porreiro recupera sensacións na Superdivisión cun claro triunfo sobre o Universidad de Burgos
Por Redacción & Cristina Saiz
Importante triunfo para o Tenis de Mesa Monte Porreiro para recuperar impulso na Superdivisión Masculina e consolidarse na cuarta posición da clasificación.
O conxunto pontevedrés superou de maneira clara no pavillón de Príncipe Felipe o Universidad de Burgos (4-1), rival que lle precede na táboa e ao que se achega agora a tres puntos.
O Visit Pontevedra arrincou con forza o encontro, vencendo Martín Betancor, André Silva e Míguel Ángel Vílchez os tres primeiros puntos en xogo.
André Silva cedeu a continuación en catro mangas fronte ao visitante Miguel Ángel Pantoja, pero Martín Betancor sentenciou despois ao conseguir o cuarto punto do Monte Porreiro en cinco apertados sets contra Aitor Colina.
A próxima xornada de liga na Superdivisión o Monte Porreiro renderá visita ao San Sebastián de los Reyes, décimo clasificado.
Relacionadas:
-
O líder non dá opción ao Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro, sen opcións ante o San Sebastián de los Reyes (4-1)
Por Redacción |
-
Recepción municipal a Judith Cobas tras o seu triunfo no Torneo Estatal de tenis de mesa
Por Redacción |
-
Judith Cobas, flamante campioa do Torneo Estatal de tenis de mesa
Por Diego Espiño |
-
Picada do TM Monte Porreiro contra o Arteal Santiago (4-2)
Por Redacción |
-
Importante triunfo do TM Monte Porreiro fronte a L'Escala para recuperar o ritmo na Superdivisión
Por Redacción |