Picada do TM Monte Porreiro contra o Arteal Santiago (4-2)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro encaixou unha dolorosa derrota ante o Arteal Santiago no que foi un duelo crave da parte alta de Superdivisión masculina.
O equipo pontevedrés saíu a por todas e, a pesar de que caeu no primeiro partido do día, enseguida devolveu as táboas por medio de Miguel Ángel Vílchez. Bentancor non puido voltear o resultado e caeu ante Mendes, pero de novo Vílchez nun exercicio de resistencia, subiu o 2-2 ao marcador tras un apertado cuarto xogo que se decidiu por 10-12.
Con todo, o Arteal Santiago decantou o resultado ao seu favor nos dous últimos enfrontamentos, nos que André Filipe e Bentancor estiveron moi preto de puntuar pero cederon finalmente en dous apertados encontros que se decidiron en cinco mangas. O primeiro deles por 5-11, 12-10, 11-8, 9-11 e 11-9, e o segundo 8-11, 12-10, 11-9, 9-11, 11-5.
O seguinte encontro do cadro adestrado por Nando Álvarez será o domingo 10 de marzo no Príncipe Felipe ante o Universidad de Burgos.