Hugo Casañas, novo ouro nacional en Valencia
Por Almu Dapena
O deportista pontevedrés do Atletismo Rías Baixas, Hugo Casañas, segue batendo récords alá por onde vai.
E é que con tan só 14 anos, volveu a lograr unha gran marca de España sub-16 en lanzamento de peso no Campionato de España sub16 Short Track que se disputa durante esta fin de semana en Valencia.
O mozo atleta, que xa batera o récord o pasado mes de febreiro no Campionato Xunta de Galicia Sub-16 en Pista Cuberta celebrado en Ourense (21,01 metros), venceu no Nacional Sub-16 cun lanzamento de 20,80 metros.
Esta marca supón ademais o mellor resultado deste campionato.
Relacionadas:
-
Sabela Castelo suma un novo título nacional no Campionato de España Sub-16
Por Redacción |
-
Hugo Casañas, de récord en récord
Por Diego Espiño |
-
Sabela Martínez e Hugo Casañas, ouros pontevedreses no Nacional Sub-16 de Federacións Autonómicas
Por Redacción |
-
O sub 16 Hugo Casañas crece a pasos axigantados ao conquistar o ouro autonómico en lanzamento de disco
Por Redacción |