José Tellería dimite como presidente do Waterpolo Pontevedra "por motivos persoais e profesionais"
Por Diego Espiño
O Club Waterpolo Pontevedra encamíñase cara a un proceso electoral para elixir novo presidente, tras a renuncia ao cargo de José Tellería.
O que foi máximo representante do club pontevedrés desde o ano 2018 anunciou a súa marcha "con efecto inmediato" alegando "motivos persoais e profesionais".
"Trátase dunha decisión moi meditada e que xa está tomada desde fai uns meses como ben sabe a Xunta Directiva, pero chegou o momento de facela efectiva, pensando sempre no mellor para os intereses do club e sen que este paso supoña un problema na xestión do día a día da nosa entidade. Unha vez que a actual temporada xa está totalmente encauzada e os principais trámites administrativos e de organización de competicións están cubertos, é o momento máis adecuado para dar o relevo a un novo equipo directivo que teña marxe de tempo para reflexionar, planificar e conformar a dirección do club para o futuro máis inmediato", explicou Tellería nun comunicado.
"Nas circunstancias actuais non podo dedicarlle o tempo, a enerxía e todos os esforzos que son precisos para seguir desempeñando as funcións de presidente do mellor xeito posible para os intereses do club", afirma.
Coa súa marcha o Club Waterpolo Pontevedra abre agora un proceso electoral. Farao coa convocatoria dunha Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o próximo 23 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra inicia a fase pola permanencia en Primeira Nacional
Por Redacción |
-
Alberto López Penide asume a presidencia do Waterpolo Pontevedra: "Gustaríanos subir o equipo masculino"
Por Diego Espiño |
-
Derrota do Waterpolo Pontevedra ante o Turia para finalizar a primeira volta (12-9)
Por Redacción |
-
Terceira derrota consecutiva do Waterpolo Pontevedra (8-13)
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra 'afógase' na casa do CN Molins (19-5)
Por Redacción |
-
Jose Tellería é reelixido para presidir o Club Waterpolo Pontevedra outros catro anos
Por Redacción |