Terceira derrota consecutiva do Waterpolo Pontevedra (8-13)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O final da primeira fase de Primeira División Nacional Feminina non está a ir da mellor maneira para o Club Waterpolo Pontevedra, que acumula a súa terceira derrota consecutiva a falta dunha xornada para a súa conclusión e xogará a segunda fase no grupo pola permanencia.
En canto ao encontro deste sábado na Escola Naval de Marín, estivo disputado no primeiro cuarto, onde reinou a máxima igualdade (3-3), pero tras o parón o equipo pontevedrés desinflouse e o CN Vallirana tomou a dianteira (4-6).
Despois do paso polos vestiarios, o Waterpolo Pontevedra tentou seguir o ritmo ao seu rival, pero o marcador seguiu disparándose con cada ataque do equipo catalán, imparable en cada chegada a portería, que sentenciou finalmente por 8-13.
Consulta as estatísticas nesta ligazón