Esixentes probas para Poio Pescamar e Marín Futsal na primeira xornada do ano
Por Redacción
Volve a emoción da liga de Primeira División de Fútbol Sala Feminino coa súa primeira xornada de 2024, e faino con esixentes probas tanto para Poio Pescamar como para Marín Futsal.
No caso do equipo conserveiro, será con un emocionante derbi no pavillón da Seca (sábado 13, 20.00 horas) fronte ao líder, o Burela Pescados Rubén.
Será o terceiro duelo esta tempada entre ambos os dous, tras a derrotas do Poio na Mariña na primeira volta de liga e na Copa da Raíña, nunha cita que chega ademais a dúas semanas da fase final da Supercopa de España.
As xogadoras adestradas por Luis López-Tulla tentarán levar os tres puntos para iniciar o obxectivo da rempontada cara aos postos de play-off polo título, obxectivo marcado pola entidade.
"Gañar aos equipos de arriba é importante porque axuda a achegarte ao obxectivo. Aínda quedan tres xornadas, que son 9 puntos, para a Supercopa así que agora mesmo estamos centradas na liga", recoñece Lara Balseiro.
DESPRAZAMENTO DIFÍCIL PARA O MARÍN FUTSAL
Pola súa banda o Marín Futsal afronta este sábado (18.00 horas) un complicado desprazamento á pista do STV Roldán, actual sétimo clasificado.
Na convocatoria marinense entraron xa as súas dúas recentes incorporacións, as brasileiras Gi Portes e Giba, quen asegura que "necesitamos puntuar, adestramos ben e estamos convencidas de sacar os puntos".
Logralo pode supoñer un punto de inflexión para o equipo marinense na súa pelexa por manter a categoría.
Relacionadas:
-
Xornada clave para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Café salva un empate 'in extremis' para o Marín na casa do Roldán (2-2)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar evita os 'cocos' no sorteo da Supercopa de España
Por Diego Espiño |
-
Gislaine Ribeiro 'Giba', segunda fichaxe de inverno do Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal refórzase coa internacional brasileira Gi Portes
Por Redacción |
-
Dobre presenza do Poio Pescamar na primeira convocatoria do ano da Selección Española
Por Redacción |