A última xornada do ano, solidaria en Pasarón e o Pavillón Municipal
Por Redacción
O deporte pontevedrés arrima o ombreiro en asuntos sociais coincidindo coa última xornada do ano, prevista na maioría de deportes a próxima fin de semana de sábado 16 e domingo 17 de decembro.
Tanto o Pavillón Municipal dos Deportes como o Estadio Municipal de Pasarón serán escenario de iniciativas de colaboración cidadá.
O primeiro en levalo a cabo será a Sociedad Deportiva Teucro este sábado día 16 (20.00 horas) con motivo do partido de Primeira Nacional que enfrontará ao seu primeiro equipo co Calvo Xiria. A entidade azul anunciou para esta data unha recollida solidaria de alimentos en beneficio do Comedor Social de San Francisco.
"Ven a gozar do partido e trae 3 quilos de alimentos non perecedoiros que recolleremos á entrada do pavillón", solicita o Teucro.
Pola súa banda o Pontevedra Club de Fútbol levará a cabo a mesma iniciativa no encontro que lle medirá o domingo 17 (17.00 horas) ao RC Deportivo Fabril, no seu caso en beneficio do Banco de Alimentos.
Por último, na previa deste mesmo encontro, o colectivo de afeccionados Siareirxs Granates recollerá xoguetes novos ou en bo estado no bar A Pallota (de 12.00 a 16.30 horas) que será entregados á Asociación Boa Vida.
Relacionadas:
-
Implicación municipal cos bancos de alimentos provincial e de Monte Porreiro
Por Natalia Puga |
-
Remontada, goleada e liderado granate (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro dobrega o Calvo Xiria (40-26)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Fabril "vai esixir estar 90 minutos concentrados e controlar esa calidade individual que teñen", segundo Yago Iglesias
Por Almu Dapena |
-
Chiqui: "O noso obxectivo é quedar primeiros, cada partido afrontámolo como unha final"
Por Diego Espiño |
-
O Fabril, un filial historicamente incómodo para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Vilalba, primeira viaxe de 2024 para a 'Marea Granate'
Por Redacción |
-
As tarxetas empezan a ameazar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O campionato de inverno, difícil pero a tiro para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Imos contentos co que o equipo fixo porque competiu ben"
Por Almu Dapena |
-
Empate sen goles e pouco fútbol no derbi entre o Pontevedra e o líder Ourense CF
Por Almu Dapena |