O Cisne afronta unha das semanas máis esixentes con tres partidos en sete días
Por Almu Dapena
O Club Cisne Balonmano afrontará durante o próximos sete días unha das semanas máis intensas y esixentes dentro do calendario ligueiro cun total de tres encontros.
Para o primeiro deles desprazarase ás Illas Baleares, onde se medirá ao Ibiza a partir das 19:30 horas deste sábado.
Será, a priori, un partido alcanzable para os de Jabato, xa que os ibicencos atópanse na zona baixa da táboa con cinco puntos tras empatar un partido e gañar tan só dous dos dez disputados ata o momento.
Aproveitando a semana de festivos, o mércores 6 de decembro, coincidindo coa celebración do Día da Constitución, o equipo pontevedrés recibirá no Pavillón Municipal ás 19:30 horas o Mallorca, penúltimo clasificado con catro puntos.
Más complicado terano o sábado 9 de decembro, data na que afrontarán a domicilio o duelo fronte ao Eo Horneo Alicante, un rival que lle está pisando os talóns na clasificación.
De feito, o cadro alacantino ten un punto menos que o Cisne, polo que se espera un enfrontamento de altos voos no que todo poderá pasar.
Serán, desta forma, tres partidos en sete días nos que os de Lérez terán que facer valer o seu bo estado de forma para sacar algo positivo e seguir escalando posicións na táboa.
Relacionadas:
-
"Partido importante para recuperarnos" do Cisne a golpe de festivo
Por Redacción |
-
O Cisne ve cortada a súa progresión en Eivissa nun apertado partido (31-30)
Por Redacción |
-
Cisne-Alcobendas: Unha vitoria con demasiado suspense (28-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Actuación estelar do Cisne ante o Villa de Aranda (17-25)
Por Almu Dapena |
-
Cisne e Málaga selan un empate tras un duelo que gañaron as defensas (20-20)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O pechacancelas Zamora convértese no pesadelo de Samáin do Cisne (29-28)
Por Almu Dapena |