Preséntase este xoves '70º Norte', a primeira novela de Xaime Toxo
Por Redacción
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor da novela 70º Norte, de Xaime Toxo, publicada por Editorial Galaxia.
O acto terá lugar o vindeiro xoves 26 de outubro, ás 19:30 horas, no café Bizarro (Club Naval Pontevedra - Av. de Uruguai, s/n, Pontevedra).
O autor estará acompañado por Ramón Rozas (xornalista de Diario de Pontevedra e crítico de arte), Ana Corzo (poeta), Carmen Quinteiro (poeta). A nota musical poraa o gaiteiro Óscar Ibáñez.
A entrada é libre ata completar capacidade.
XAIME TOXO
70⁰ Norte é a primeira novela de Xaime Toxo (Bueu, 1955).
O autor é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, xestor cultural, presidente do Ateneo de Pontevedra e escritor.
No seu haber conta, entre outras publicacións, cos libros de relatos As palabras que move o mar (2015) e Protexer o invisible (2016), e os textos poéticos Cadernos do mar (I e II, 2014), en colaboración co pintor Antón Sobral, e A casa sen nós (2019).
Relacionadas:
-
RADIO.- Marga Durá desmitifica á radiofónica Francis na súa última novela 'Una pregunta para Elena'
Por Marisa Ciordia |
-
O Centro Sur, novo fogar para un Ateneo que promete seguir sendo un "foro da palabra e de debate"
Por Alejandro Espiño |
-
"Este libro vainos axudar a construír ese pasado que ficou por vir"
Por Redacción |
-
A Deputación de Pontevedra publica a segunda parte de 'O Pasado Por Vir'
Por Rosalía Rico Otero |
-
As lembranzas da xente de Bueu impulsan o ciclo 'O tempo ten memoria'
Por Redacción |