Moloch presentará 'Hipofanías' o 16 de outubro na homenaxe ao poeta Jorge Cuña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A agrupación musical Moloch, de Pontevedra, estreará en concerto o seu último traballo 'Hipofanías' o vindeiro luns 16 no Teatro Principal a partir das 20.15 horas.
Trátase dun disco baseado en textos do poeta nado en Vigo, Jorge Cuña, . A banda integrada por Laura García, Andrés Martínez e Violeta Mosquera, porfesores da escola de artes Estudo Bonobo e integrantes doutras bandas como Bala, Grima ou Monrovia realizarán a presentación en vivo deste traballo discográfico no acto de homenaxe ao poeta Jorge Cuña, dentro da programación do XIX Brumario Poético.
Ao mesmo tempo, durante este evento vai presentarse a reedición do libro poético 'Mantis' do poeta, que foi unha das voces con maior intensidade na última parte do século XX dentro do panorama literario español.
A programación continuará o 20 de outubro, tamén ás 20.15 horas no Principal, co recital poético e danza a cargo de Jeannette Feal baixo o título 'La aventura poética del mito de Pandora'.
O 27 de outubro preséntase o retablo poético 'El Laberinto', de Ana Corzo, a través de Teatro Degaro.
O 31 de outubro chegará un recital poético musical, 'La mano tnedida de fuego y ritmo', cunha antoloxía poética das comunidades negras a cargo do Grupo Trilitate: Elena Vázquez, Marcos Padrón e Rubén Abad.
O 8 de novembro realizarase un homenaxe lectura á poeta Ana Blandiana e o 17 do mesmo mes está previsto un recital poético musical sobre a figura de Manuel Cuña Novás, a cargo de Quesía Bernabé.
Todos os actos están previstos no Teatro Principal, a partir das 20.15 horas.