Ata o 20 de outubro permanecerá aberto o prazo para apuntarse a Xeración Sónica
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A partir do 2 de novembro regresa Xeración Sónica, un proxecto que impulsa a música e os proxectos audiovisuais entre bandas locais integradas por mocidade con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos.
A inscrición permanecerá aberta desde o martes 10 ata o 20 de outubro e vai destinada a mozos e mozas que teñan algún coñecemento musical e ganas de participar nesta proposta creativa.
Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura, e Violeta Mosquera, unha das mentoras do proxecto, presentaban este luns a sexta edicicón de Xeración Sónica que este ano ofrece unha novidade ao colaborar co Local de Música para que as bandas que participaron durante a anterior edición ensaien neste espazo.
Esta solución pretende que "a adaptación sexa máis suave" para as novas bandas, explicaba Demetrio Gómez indicando que a intención é que o ecosistema creativo da cidade se amplíe.
Violeta Mosquera indicaba que se trata de "un paso máis para garantir a supervisión dúas proxectos. Cando a titorización remata é complicado continuar". Explicou tamén que a idea é aumentar a colaboración con Local de Música para conseguir máis concertos e actividades culturais.
Da anterior edición continuarán en Xeración Sónica as bandas Les Poubelles, Ornitorrincos, Vermes e Rek, ás que se sumarán dúas novas. Pola súa banda, Simpsonhead e Malo Será, que tamén formaban parte desta acción, pasarán a seguir vinculados ao proxecto a través desa titorización ao incorporarse a Local de Música. "Decidimos que se poidan vincular con eses folgos que trasladamos porque cando emprendes só a aventura todo custa máis", destacou Violeta Mosquera, engadindo que no proceso creativo os "atascos" máis habituais aparecen coas letras "porque son moi tímidos".
Durante os cinco anos previos Xeración Sónica contou coa participación de 110 mozas e mozos, máis de 20 documentos audiovisuais publicados en redes sociais, con 48 cancións e a publicación de catro discos recompilatorios, o último será presentando antes do Nadal deste ano.
Relacionadas:
-
RADIO.- Xeración Sónica entrará nos centros educativos cos 'Recreos ao vivo'
Por Marisa Ciordia |
-
Moloch presentará 'Hipofanías' o 16 de outubro na homenaxe ao poeta Jorge Cuña
Por Redacción |
-
RADIO.- Completamos o escaparate da 'Xeración Sónica' co pop desenfadado e rebelde de Vermes
Por Redacción |
-
RADIO.- Rek: As mozas reivindícanse en Xeración Sónica
Por Redacción |
-
RADIO.- A Xeración Sónica tamén é electrónica co dúo Simpsonhead
Por Redacción |
-
RADIO.- Xeración Sónica: Malo Será que non cheguen lonxe. Esta banda promete
Por Redacción |
-
RADIO.- Xeración Sónica: Hai Ornitorrincos pontevedreses e teñen espírito rockeiro
Por Redacción |
-
RADIO.- PontevedraViva Radio leva a 'Xeración Sónica' aos seus podcast
Por Redacción |