As visitas teatralizadas de Samaín volven no mes de outubro ao Castelo de Soutomaior
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra acaba de poñer este luns á venda as entradas para asistir ás visitas teatralizadas de Samaín que organiza o Castelo de Soutomaior durante o próximo mes de outubro.
A institución provincial celebrará dúas modalidades distintas, unha delas nocturna e destinada ao público adulto e outra para un público infantil e familiar. Ambas as dúas actividades están a cargo da compañía Troula Animación e baséanse na idea de que os asistentes o pasen ben pasándoo mal.
As visitas para público infantil celebraranse todos os sábados e domingos do mes (os días 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de outubro) en dobre sesión, ás 11:30 e ás 16:30 horas, e nelas o público gozará dunha historia terrorificamente divertida.
As visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e os sábados (os días 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de outubro) en horario de 20:00 horas, e nelas os participantes (idade recomendada a partir dos 16 anos) porán a proba a súa valentía nunha visita guiada onde nada é o que parece.
As entradas das visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior están dispoñibles na plataforma de venda en liña (entradas.castelodesoutomaior.com), a un prezo único de 8 euros e incluíndo a entrada ao Castelo, valorada en 5 euros. As quendas organízanse para grupos de 30 persoas, polo que a razón de 30 pases (16 das visitas familiares e 8 das de público adulto) a Deputación de Pontevedra pon á disposición do público un total de 720 entradas para esta actividade.
Relacionadas:
-
Esgotadas as 720 prazas para as visitas teatralizadas de Samaín no Castelo de Soutomaior
Por Redacción |
-
O Castelo de Soutomaior, protagonista do Día do Turismo: "É unha xoia que temos a sorte de desfrutar e o deber de coidar"
Por Redacción |
-
Preto de 80 traballos optan neste 2023 aos Premios Provinciais á Xuventude que promove a Deputación
Por Redacción |
-
Recollen preto de 17.000 quilos de uva nos viñedos do Castelo de Soutomaior
Por Redacción |
-
A ocupación hoteleira superou o 86,5 % no conxunto da provincia no mes de agosto
Por Oskar Viéitez |
-
Convidan aos nenos a converterse en vendimadores por un día
Por Oskar Viéitez |