RADIO.- Miguel Martínez volve en outubro ao Festival da Canción Punta do Leste de Uruguai
Por Marisa Ciordia
O próximo 23 de outubro, Miguel Martínez deixará Poio por uns días e embarcarase rumbo a Uruguai. Alí espéralle a súa segunda participación no Festival da Canción Punta do Leste en Montevideo. Nesta edición, a undécima, o cantautor de Combarro participará xunto a outros dezaseis artistas internacionais, el é o único procedente de España.
Charlamos no programa 'Cara a cara' da canción que interpretará: 'Solos tú y yo', así como do videoclip que se gravou para acompañar a canción e que tamén concursa. Os seus seguidores igualmente poderán axudar ao seu éxito votando por redes sociais. Polo momento non se precisaron detalles desde a organización; pero avanza que a mediados de mes coñeceranse os detalles sobre como facelo e o propio Concello de Poio colaborará na súa difusión.
Aproveitamos para preguntarlle tamén por outros proxectos nos que, na súa faceta de cantautor, está inmerso e que segundo avanza, apuntan cara a un próximo álbum. O podcast completo pódese escoitar na ligazón que se adxunta e tamén se pode descargar desde a web de PontevedraViva Radio.