Leo Bassi oficiará unha "misa patólica" no Festaclown de Vilagarcía en memoria do clown Jango Edwards
Por Anxo Lourido
Jango Edwards, mestre da arte do humor clown e unha personalidade historicamente vinculada ao Festaclown, recibirá unha homenaxe a cargo do cómico Leo Bassi o vindeiro sábado 12 de agosto ás 14.30 horas na Praza da Ravella, en Vilagarcía de Arousa, durante as actividades do Festaclown.
Edwards e Bassi participaran tamén no Festiclown cando se celebraba este evento en Pontevedra.
"Jango Edwards era un mestre, amigo, xenio, humano e irreverente polos catro custados", escribiu Iván Prado, director do Festiclown e de Pallasos en Rebeldía.
Jango Edwards, clown estadounidense provocador, falecía aos 73 anos o sábado 5 de agosto en Barcelona.
Leo Bassi ofrecerá, por primeira vez no últimos nove anos, a súa famosa "misa patólica" en Galicia.
Trátase dunha adaptación escénica dunha misa bufonesca onde realiza o culto a un pato de goma amarelo e durante a proposta, o cómico convida a reflexionar sobre os valores nos que vive a cidadanía.
Relacionadas:
-
Leo Bassi fai balance no Principal da súa traxectoria de 70 anos
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O concerto de Rayden e o final do Festaclown amenizarán este luns as Festas de San Roque en Vilagarcía
Por Redacción |
-
23 funcións encherán Vilagarcía de risas, maxia e circo no Festaclown
Por Anxo Lourido |
-
Un curso con Leo Bassi en Vilagarcía de Arousa para axudarnos a descubrir "o pallaso que levamos dentro"
Por Redacción |